Archive for the 'Software Libre' Category
Simple World 1.0a2
0 Comments Published decembro 10th, 2007 in Programación, Simple World, Software Libre
Simple World 1.0a2 acaba de ser publicado. Segue sendo unha versión alpha, polo que a estabilidade do código é relativa e aínda non está implementada toda a funcionalidade. Incluso a especificación cambiou un pouco. Despois desta versión, teño previsto publicar unha terceira versión alpha, unha ou dúas betas, e por fin a versión final.
O código fonte pódese descargar dende:
As principais novidades nesta versión son:
- Os bichos morren se comezan unha ación pero non teñen enerxía suficiente para facela.
- A interrupción TimerInterrupt envíase a tódolos bichos vivos canda 64 ciclos.
- O evento Attack envíase ós bichos atacados.
- Implementáronse as accións eat e attack.
Esta versión permite que se produzan as primeiras batallas entres os bichos. Poden percorrer todo o mundo, obter información sobre todo aquilo que se atopan no seu camiño, atacar a outros bichos e comer comida. O único bichos presente nesta versión, brainless, pode facer todo isto.
chúzame - GNU Affero General Public License (versión 3)
0 Comments Published novembro 20th, 2007 in Programación, Software LibreOnte publicouse a terceira versión da GNU Affero General Public License. Unha das novidades desta licenza é a compatibilidade coa GNU General Public License (versión 3), algo que a anterior versión da Affero non permitía. Os obxectivos desta licenza espóñense no seu preámbulo:
A GNU Affero General Public License é unha licenza copyleft para software e outros tipos de traballos, especialmente deseñada para asegura-la coperación coa comunidade no caso do software executado en servidores.
[...]
A licenza require que o operador do servidor de rede ofreza o código fonte da versión modificación que se estexa executando ós usuarios do servidor. Deste xeito, o uso público dunha versión modificada, nun servidor accesible públicamente, dá acceso público ó código fonte da versión modificada.
A GNU Affero General Public License pódese descargar nos seguintes formatos:
- A GNU Affero General Public License (AGPL) versión 3 en formato HTML
- A GNU Affero General Public License (AGPL) versión 3 en formato de texto plano
- A GNU Affero General Public License (AGPL) versión 3 en formato LaTeX
- A GNU Affero General Public License (AGPL) versión 3 en formato Texinfo
chúzame - A finais da semana pasada publicouse a listaxe dos 500 supercomputadores máis rápidos do mundo. Como leva ocorrendo dende o 2004, GNU/Linux é o sistema operativo usado pola maioría dos supercomputadores máis rápidos do mundo, usándose no 85% dos supercomputadores listados.

Na gráfica da evolución do uso dos sistemas operativo na listaxe TOP500 pódese ver que sempre se empregaron maioritariamente sistemas tipo UNIX. En realidade, só os sistemas tipo UNIX chegaron a ter máis dun 10% do mercado. Ata o 2004 os UNIX comerciais foron os dominantes, pero neste ano GNU/Linux foi remprazándoos pouco a pouco.
Como anécdota, teño que comentar que me chocou ve-la publicidade de MicroSoft Windows nesta páxina. Se miramos os datos da utilización deste sistema operativo na lista, vemos que só se emprega non 1.2% dos sistemas (6 de 500) e que anteriormente só alcanzara o 0.4% (2 de 500). Curioso cando menos
Vía OSnews.
chúzame -
Simple World 1.0a1 acaba de ser publicado. Podes obter esta versión na sección de descargas de SourceForge.net.
Como se trata da primeira versión de Simple World, esta versión débese considerar coma unha versión 0.1. A razón para ter un número de versión tan "alto" é porque cada versión de Simple World fai referenza a unha especificación concreata. Así, a versión 1.0a1 é a implementación de parte da funcionalidade proposta na especificación 1.0 de Simple World.
O Simple World Language (SWL) considérase completo, polo que non deberían haber cambios. O compilador (swlc) está totalmente implementado. Co cal, xa se poden escribir os primeiros bichos para Simple World. O decompilador (swld) está totalmente implementado. Posto que os bichos aínda non poden evolucionar en Simple World, o decompilador non é moi útil neste momento.
Os bichos introdúcense no Mundo en forma de ovos que co tempo se acaban convertindo en bichos. Os bichos nesta versión só se poden mover e obter información sobre o Mundo. Ademais, os bichos, aínda que consumen enerxía, nunca morren.
Creouse o primeiro bicho para Simple World: brainless. Este bicho fai movimentos aleatorios ata que detecta un elemento que o evite. Se o elemento é comida ou un ovo, brainless cómeo. Se o elemento é un bicho, brainless atácao. Despois de comer, se ten enerxía dabondo, brainless crea un ovo. Debido a algún erro no código SWL do propio bicho ou no código para a obtención de números pseudoaleatorios, brainless acaba nun estado no que se deixa de desprazar e só xira.
chúzame - Qt 4.3.1 poderase usar con máis licenzas de software libre (pero aínda non coa GPLv3)
0 Comments Published agosto 10th, 2007 in Programación, Software LibreAnunciouse recentemente a saída da versión 4.3.1 de Qt. A novidade máis destacada desta versión é que se poderá usar dende unha maior cantidade de licenzas de software libre mediante o engadido dunha excepción á licenza GPLv2 que usa Qt. Algunhas das novas licenzas coas que se poderá usar Qt son:
- Apache License 2.0
- BSD
- LGPL 2.0 ou 2.1
- Mozilla Public License (MPL) 1.0 ou 1.1
A GPLv3 non é unha destas novas licenzas, así que, seguimos sen poder usar a biblioteca Qt en software baixo a GPLv3. Afortunadamente estase a traballando no asunto. Segundo palabras dun dos desenvolvedores de Qt:
Sobre a GPL v3, estamos traballando activamente no asunto. Polo que entendo, é un paso máis grande [que o dado para permitir as outras licenzas libres] e non algo que poidamos ofrecer cunha Excepción [á licenza de Qt].
Vía Barrapunto.
Vía KDE.news.
chúzame - 



