Archive for the 'Xogos' Category

Python Sudoku 0.13

Despois de dous anos dende a última versión de Python Sudoku xa ía sendo hora de sacar unha versión nova... Python Sudoku 0.13 non trae melloras moi significativas nin arranxos de erros, pero espero que sexa unha versión de transición ata un código máis limpo, fácil de manter e extender.

Por certo, se alguén está interesado na programación en python, nos sudokus e quere axudar no desenolvemento de Python Sudoku que levante a man; dous anos para sacar unha nova versión é moito tempo...

Novas características:

  • Dividi-lo script en varios scripts con funcións específicas: pysdk.py para crear e resolver sudokus dende a liña de comandos, pysdk-pdf.py para crear PDFs, pysdk-image.py para crear imaxes and pysdk-gui.py para a interface gráfica.
  • Simplificación da configuración.
  • Engadida a opción -t | --test para obte-la dificultade dun sudoku.
  • Engadida a opción --force para asegurarse de que a dificultade dun sudoku se corresponde exactamente coa dada.
  • Soporte para abrir ficheiros .sdk entre distintos sistemas con diferentes separadores de liña.
Chuzame! chúzame -

Simple WorldO obxectivo principal de Simple World é observa-la evolución dos bichos. Dende a publicación de Simple World 1.0a3, primeira versión na que se poden crear bichos, fixen un par de execucións do programa. Nas dúas execucións obtivéronse varias mutacións exitosas.

As mutacións só se producen no momento en que un bicho pon un ovo. As mutacións que terá un bicho son aleatorias e só dependen dun parámetro que controla a probabilidade de mutacións que se producen nun momento dado. É dicir, por adiantado non se pode saber se un ovo pode non sufrir ou non mutacións, e moito menos o número delas.

Despois das primeiras execucións que realicei saquei unha conclusión: as mutacións permítelle adaptarse ó medo ós bichos. Esta adaptación faise evidente cando, co tempo, tódolos bichos vivos comparten unha mesma mutación. Se tódolos bichos teñen a mesma mutación, pódese concluír que esta mutación provocou que estivesen mellor adaptados ó medio que aqueles que non a tiña. O normal é que os bichos compartan unha mutación porque teñen un ancestro común, pero podería darse o caso, moi raro, de que dous bichos sofren a mesma mutación.

Unha consecuencia da adaptación progresiva dos bichos ó medio é que se se introducen bichos orixinais, sen ningunha mutación, nun mundo con varias xeracións de bichos, os primeiros tenden a desaparecer moi rapidamente. En realidade, canto máis vello sexa o mundo, máis rápido desaparecen os bichos orixinais.

Ata o de agora fixen dúas execucións longas que acabaron en dúas ramas de mutacións que foron por camiños totalmente distintos. A continuación describirei o código orixinal de Brainless e as mutación máis exitosas, é dicir, aquelas que estiveron presentes en tódolos bichos vivos nun momento determinado.

Chuzame! chúzame -

Simple WorldAcabo de publicar Simple World 1.0a4. Tiña pensado que esta fose a beta 1, pero debido a que houbo máis cambios do que pensaba e que estes son incompatibles coas versións anteriores, decidín sacar unha cuarta versión alpha. Espero que agora sexa á definita...

Os cambios principais son:

  1. Novas instrucións para a CPU.
  2. Novos rexistros na CPU e renomeamento dalgún deles (sp, fp, cs).
  3. Cambios na base de datos.

O código fonte pódese descargar dende as seguintes ligazóns:

Xa me da medo dicilo... pero se non atopo nada estrano nos seguintes meses, non debería faltar moito para a primeira beta. Esta beta traerá, polo menos, un cambio na base de datos, pero teño pensado facer un programa que actualice a base de datos dunha versión para a máis nova así que non dará moitos problemas.

Chuzame! chúzame -

Simple WorldAcabo de publicar Simple World 1.0a3. Esta é a última versión alpha de Simple World. Con esta versión, toda a funcionalidade da especificación 1.0 está implementada. Isto quere dicir que:

  1. Os bichos pódense codificar.
  2. Os bichos interactúan co mundo.
  3. Os bichos podem pór ovos.
  4. O código dos ovos pode mutar.

O código fonte pódese descargar dende as seguintes ligazóns:

O seguinte paso será publicar un par de versións betas. Nestas betas, en principio, non se engadirá nova funcionalidade, só corrección de erros e novos bichos. Isto quere dicir que a versión 1.0 será un uso un tanto áspero posto que non terá interface gráfica. Isto terá que esperar para futuras versións.

Chuzame! chúzame -

Simple WorldSimple World 1.0a2 acaba de ser publicado. Segue sendo unha versión alpha, polo que a estabilidade do código é relativa e aínda non está implementada toda a funcionalidade. Incluso a especificación cambiou un pouco. Despois desta versión, teño previsto publicar unha terceira versión alpha, unha ou dúas betas, e por fin a versión final.
O código fonte pódese descargar dende:

As principais novidades nesta versión son:

  1. Os bichos morren se comezan unha ación pero non teñen enerxía suficiente para facela.
  2. A interrupción TimerInterrupt envíase a tódolos bichos vivos canda 64 ciclos.
  3. O evento Attack envíase ós bichos atacados.
  4. Implementáronse as accións eat e attack.

Esta versión permite que se produzan as primeiras batallas entres os bichos. Poden percorrer todo o mundo, obter información sobre todo aquilo que se atopan no seu camiño, atacar a outros bichos e comer comida. O único bichos presente nesta versión, brainless, pode facer todo isto.

Chuzame! chúzame -

About

You are currently browsing the Cousas de xentiña weblog archives for the Xogos category.

Longer entries are truncated. Click the headline of an entry to read it in its entirety.

Categories

Calendario

novembro 2008
L M M X V S D
« set    
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
3K2 theme by Hakan Aydin