Archive for the 'Python Sudoku' Category

Python Sudoku 0.13

Despois de dous anos dende a última versión de Python Sudoku xa ía sendo hora de sacar unha versión nova... Python Sudoku 0.13 non trae melloras moi significativas nin arranxos de erros, pero espero que sexa unha versión de transición ata un código máis limpo, fácil de manter e extender.

Por certo, se alguén está interesado na programación en python, nos sudokus e quere axudar no desenolvemento de Python Sudoku que levante a man; dous anos para sacar unha nova versión é moito tempo...

Novas características:

  • Dividi-lo script en varios scripts con funcións específicas: pysdk.py para crear e resolver sudokus dende a liña de comandos, pysdk-pdf.py para crear PDFs, pysdk-image.py para crear imaxes and pysdk-gui.py para a interface gráfica.
  • Simplificación da configuración.
  • Engadida a opción -t | --test para obte-la dificultade dun sudoku.
  • Engadida a opción --force para asegurarse de que a dificultade dun sudoku se corresponde exactamente coa dada.
  • Soporte para abrir ficheiros .sdk entre distintos sistemas con diferentes separadores de liña.
Chuzame! chúzame -

Vía chuza! chego a Las 20 respuestas que más utilizan los programadores cuando sus programas no funcionan. Fíxome graza recordar ter dado algunha destas respostas nos informes de erros de Python Sudoku.

Arranxar erros para un programador é unha tarefa comparable á dun detective. Primeiro hai que verifica-la existenza do fallo, atopalo dentro de todo o código, pensar en como arranxalo e finalmente aniquilalo. Durante todo este proceso tes que estar preparado para atoparte con sucesivos efectos colaterais.

Chuzame! chúzame -

Python Sudoku 0.12.4

Acabo de sacar a versión 0.12 de Python Sudoku. Se queredes descargala podédelo facer na páxina de descargas.

Esta versión fíxose esperar, xa que dende a versión 0.11 pasou xa medio ano. Poido tardar unhas horas menos, pero dende onte non se podía facer login en Source Forge, co que non podía subi-la nova versión. Conspiracións xudeo-masónicas desas.

Chuzame! chúzame -

Sudoku difícilPython Sudoku chegou hoxe ás 10.000 descargas, cando se cumpre aproximadamente o primeiro ano de vida do proxecto. Ben, en realidade, se temos en conta as descargas realizadas de PySudoku, xa hai un mes que se chegou a esa cifra. O 12 de agosto habían 701 descargas de PySudoku e 9304 de Python Sudoku.

Mirando as estatísticas podemos observar que:

  1. A versión 0.11 ten 6280 descargas, máis da metade.
  2. A versión 0.11 tivo no día en que se publicou máis de 500 descargas.
  3. A versión 0.11 estivo sete meses como a última versión dispoñible.
  4. Efectúanse unha media de 29 descargas diarias
Chuzame! chúzame -

Hai só cinco días que saíu GNOME 2.16 pero xa se está a decidir qué irá, ou non, na seguinte versión, a 2.18. Decidiuse, por aclamación popular, que se faría un cambio entre os xogos que actualmente forman parte de GNOME, cambiándose un dos actuais xogos que veñen con GNOME por outro novo.

Está planificado o procedemento nos seguintes pasos:

  1. Proposta de xogos
  2. Comunicación cos responsables dos xogos para descartar xogos da lista
  3. Votación entre os xogos incluídos actualmente en GNOME para eliminar o perdedor
  4. Votación entre os xogos propostos para engadir o gañador
Chuzame! chúzame -

About

You are currently browsing the Cousas de xentiña weblog archives for the Python Sudoku category.

Longer entries are truncated. Click the headline of an entry to read it in its entirety.

Categories

Calendario

novembro 2008
L M M X V S D
« set    
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
3K2 theme by Hakan Aydin